Nacín en Sardiñeiro de abaixo no Lestón. Crieime entre tortillas, calamares en tinta e moitos máis contos dos que se contaban no Bar de Petróleo. Quixen ser xornalista e teatreira, caín en historia e rematei educación social. A día de hoxe de maior quero ser carpinteira e adicarme a miña horta, entre outros centos de cousas. Hai xa uns cantos anos tiven insomnio e foi tan divertido que escribín un blogue para contalo, de seguido marchei a Barcelona para ver as cousas dende fóra da casa, pero ao ano voltei, como en Galiza en ningures!
Traballei en diferntes ámbitos da intervención social e a dinamización rural na provincia de Ourense e arredores, pero sobre todo no Ribeiro, a segunda terra dos meus ollos! Teño gardadas nos petos boas amizades e un cento de anécdotas sobre formación na rede en diferentes colectivos, ao igual que os meus compañeiros é destacable a nosa experiencia como axentes TIC na Rede de Dinamización, concretamente no concello de Castrelo de Miño, alí e en Beirán xermolou a ilusión por construir opendello.